Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden que comisen o rabaño de cabras que invade a estrada nunha parroquia de Mugardos

Piden que comisen o rabaño de cabras que invade a estrada nunha parroquia de Mugardos

Son as cabras da parroquia de Franza

 A veciñanza levan moito tempo denunciando que a muller ceiba o rabaño

Un gandeiro da zona denunciou varias veces os estragos e as perdas que lle causaron os animais nos seus cultivos, enre outros incidentes

G24.gal 04/05/2025 15:05

A Policía Local de Mugardos volveu solicitar nos xulgados que comisen as cabras da veciña da parroquia de Franza polo perigo que representan para o tráfico. A veciñanza leva moito tempo denunciando que a muller ceiba o rabaño e os animais invaden as estradas que van cara a Mugardos e cara a Ares.

Insisten en que sucede constantemente, o que xera un problema de inseguridade viaria. Os condutores habituais son coñecedores do risco e son cautos cando circulan pola zona, pero xa houbo algún susto e os veciños temen que acabe sucedendo algo grave. Esixen que se tomen medidas.

As cabras causan máis problemas, alén do circulatorio. Un gandeiro da zona denunciou varias veces os estragos e as perdas que lle causaron os animais nos seus cultivos. A responsable do rabaño non quixo falar diante da cámara. Asegura que é vítima de ameazas e que todo se resolverá no xulgado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade