Publicador de contidos

Publicador de contidos

Case 200 participantes de oito países compiten nas probas de agility en Silleda

Case 200 participantes de oito países compiten nas probas de agility en Silleda

As probas desta fin de semana puntúan para o campionato nacional

Participou o actual campión de España, o galego Jacobo Martí

Imaxe dun momento da competición
G24.gal 03/05/2025 21:26

Desde o xoves celébrase en Silleda unha competición internacional de agility con preto de 200 participantes de oito países diferentes. Ademais de probas que puntúan para o campionato de España, o sábado repartíronse máis de 400 euros en premios para guías e cans que demostraron ser os mellores do Open Nudesa.

As instalacións da Feira Internacional de Galicia son xa un espazo de referencia para estes cans e os seus guías. Xornadas de adestramento, formación e tamén competicións como a que se vive esta fin de semana.

"Estamos vendo os cans máis rápidos de España competindo nun Open, onde hai premios en metálico e regalos dos patrocinadores. Durante a fin de semana puntuamos tamén para o campionato de España", explica Tania López, organizadora da competición.

Entre os participantes, o actual campión de España, un galego, Jacobo Martí.

"A verdade é que estamos adestrándonos moito e loitando. Tivemos moi bos resultados esta fin de semana e hai que seguir nesta dinámica. Xogas cun can e estás condicionado tamén polo seu benestar. En Galicia temos varios campións de España e grazas ao clima podemos adestrarnos todo o ano e ser máis competitivos ca o resto", di Jacobo Martí, campión de España de Agility

E outro campión, de paragility e como el mesmo di, de superación persoal.

"O que me ocorreu foi que ía no autobús e un drogadicto asaltou unha señora. Eu metinme no medio e deume unha malleira. Eu xa estaba medicado pola miña saúde e xunto co que me puxeron en Urxencias tiven un fallo renal e estiven encamado tres anos. Nesa situación pensaron que a miña cadela sería unha boa alternativa para animarme. Para min o máis importante é esa cadela, débolle a vida. Os border collie sempre queren xogar e vante beliscando. Se estaba na cama tirábame do pé, para que puxese os zapatos e saíse a pasear."

Unha mostra dese vínculo guía-can do que sempre se fala no agility, pero que neste caso chegou moito máis aló. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade