Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os continuos temporais deixan un regueiro de reclamacións aos seguros

Os continuos temporais deixan un regueiro de reclamacións aos seguros

Problemas de humidades ou filtracións acumúlanse porque non deixa de chover e non se pode subir ás cubertas para arranxalos

G24.gal 10/02/2026 14:45

Natalia amosa as humidades que lle saíron no seu piso, en Maceda, despois da última nevada. A tan só unha semana a mancha triplicouse pero non é posible arranxala porque non deixa de chover. Unha situación que se repite por boa parte de Galicia.

Dende Asociación que agrupa as axencias de seguros na nosa comunidade recoñecen que non dan feito. O mesmo acontece cos administradores de fincas. En moitos casos os partes no que levamos de ano duplicáronse con respecto ao segundo semestre do ano pasado. 

Dende os seguros lembran a importancia de reclamar canto antes e de achegar tanto fotografías dos estragos como toda a documentación que teñamos para axilizar a intervención.

En situacións extraordinarias, como inundacións ou vento de máis de 120 quilómetros por hora, será o Consorcio de Compensación de Seguros o que se faga cargo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade