Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os concellos pagan a formación do persoal de socorrismo

Os concellos pagan a formación do persoal de socorrismo

En Nigrán hai 29 pero precisaban máis

G24.gal 02/07/2023 14:11 Última actualización 02/07/2023 14:45

Con todas as praias cheas hai moito persoal que vela pola nosa seguridade. Entre eles, os socorristas. Hoxe estivemos cos de Nigrán. Son 29 e o Concello non desbota reforzar o servizo se é preciso. Como en moitas outras localidades o Concello pagou a formación de parte deles. 

Ás veces tamén se forman nas súas localidades. Non é o único problema; é un traballo tan estacional que moitos o abandonan cando atopan outro máis estable.

As incidencias máis típicas son as picadas de fanecas, insectos ou augamares e os cortes. O menos habitual son os mareos, os afogamentos, e ter que solicitar un traslado en ambulancia ou mesmo os falecementos.

Hoxe en Nigrán tiveron unha incidencia coa perda dun ancián con pouca mobilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar