Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comerciantes da rúa Concordia de Ourense responsabilizan as obras da caída de clientes

Comerciantes da rúa Concordia de Ourense responsabilizan as obras da caída de clientes

Confiaban en que a vía fora peonil xa este mes

Na maioría dos negocios dan por perdida a campaña de Nadal

 

 

G24.gal 07/12/2022 14:25

"A rúa morreu ao non haber xente de paso, morreu. Dixeron que ían acabar en decembro e agora está para abril ou maio", di a dona dun estanco.

Cando rematen as obras, a rúa da Concordía contará con ramplas mecánicas para salvar a pendente, árbores e un aspecto máis humanizado que convide ao paseo. De momento cadaquén leva a presenza da maquinaria e os ruídos como pode.

"A rúa necesitaba un arranxo pero quizás esta obra é demasiado faraónica"; "As obras levan traballo pero temos gañas de que esto remate dunha vez porque é un contratempo para os negocios"; "Seguro que vai a quedar ben, seguro", explican os comerciantes.

Os negocios constatan unha baixada de clientes.

"Nós temos contadores e no mes de agosto pasaron un corenta por cento menos de persoas por diante da tenda, outros meses xa non contamos porque non podían nin pasar".

Cincuenta por cento , si cincuenta por cento, dirán que a xente deixou de fumar, pero non".

Confiaban que a peonalización da rúa estivese rematada antes do Nadal. Agora agardan vela lista na primavera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar