Os coches de segunda man encarecen un 5,1% en Galicia
Os vehículos de máis de 8 anos son os que máis incrementan o seu prezo
Son os coches máis vellos os que máis subiron os prezos. Case 8 de cada 10 vehículos de segunda man que se venderon o ano pasado en Galicia superaban os 8 anos.
José Tomé de Sas, xefe de vendas de Stellantis & You en Vigo, sinala que están "en prezos do ano 2019 en vehículos de ata 4 anos. É certo que hai un mercado de particulares con coches de máis de 10 anos, que como hai menos no mercado, poden ter subido de prezo".
O mercado dos vehículos de ocasión medrou en 2023.
Os prezos en Galicia incrementaron un 5,1 %, fronte ao 3,9% de España.
Con todo, un coche de ocasión segue a custar uns mil euros e na nosa comunidade rozan de media os 11.700 euros.
"O vehículo de ocasión baixou moito os prezos e diferenciase moito dos novos", destaca Tomé.
O encarecemento dos vehículos novos e a variedade de ofertas en ocasión atraen os compradores. Para o xefe de vendas de Stellantis & You, "podemos falar de entre 6.000 e 8.000 euros de diferenza entre os novos e os seminovos"
Segundo a Asociación Nacional de Comerciantes de vehículos, na provincia de Ourense subiron os prezos destes automóbiles un 7,1 %, fronte ao 3,9% de Pontevedra.