Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os bares de praia listos para abrir ata finais de outubro

Os bares de praia listos para abrir ata finais de outubro

A costa galega conta cuns 400 bares autorizados en 900 praias

Poderán estar abertos sete meses

G24.gal 22/03/2026 14:42

Coa previsión de bo tempo, algúns "chiringuitos" prepáranse para abrir a próxima fin de semana. Este ano, por primeira vez, poderán funcionar durante sete meses, ata finais de outubro. 

Os temporais do inverno non causaron estragos de importancia neste bar de praia das Furnas, en Porto do Son. Así e todo hai que facerlle un lavado de cara antes de abrilo. E o seu dono apúrase porque desexa empezar a tempada o venres que vén pola tarde.

"Realmente o que máis nos interesa é dar servizo. Vén o turismo e ao turismo hai que darlle os servizos que require", asegura Manuel Tomé, xerento do Chiringo surf As Furnas

Quere aproveitar o tirón da Semana Santa. E logo continuar co bar aberto ata finais de outubro porque este ano, por primeira vez, os "chiringuitos" non van ter que pechar despois da Semana Santa se non queren.  Este hostaleiro espera, no futuro, poder abrir todo o ano.

"Esa é a idea. A decisión depende da administración. Espero que chegue un momento que haxa a opción de abrir as fins de semana en tempada invernal. Hai demanda porque aquí temos a concorrencia de moitas actividades náutico-deportivas relacionadas co mundo do surf. Ese tipo de actividades deportivas desenvólvense ao longo de todo o ano".

O ano pasado acadou o quinto premio dos "chiringuitos" galegos en votación dos internautas, pero aínda lle custa atopar persoal, sobre todo para a cociña.

"Co tema do persoal, este ano estou agradecido en parte. Máis ou menos teño o persoal doutros anos pero para a cociña estamos tendo dificultades para atopar xente para cubrir os postos"

A costa galega conta cuns 400 bares autorizados en 900 praias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade