Os autonómos danlle o visto e prace ao novo sistema de cotización do Goberno
Os autonómos danlle o visto e prace ao novo sistema de cotización do Goberno
De cara ao ano que vén, os que teñan menos rendementos pagarán 230 euros de cota, e os que máis, 500
Satisfacción entre as asociacións de autónomos logo dun longo e duro período de negociacións co Ministerio de Seguridade Social. O novo réxime de cotizacións primará máis os ingresos reais dos traballadores. As asociacións de autónomos valórano positivamente, sobre todo tendo en contra a previsible recesión económica despois do verán.
Este é o novo sistema de cotas que pagarán a Facenda. De cara ao ano que vén, os que teñan menos rendementos pagarán 230 euros de cota. Os que máis, 500. En 2024 a cota mínima baixa cinco euros, queda nos 225, e a máxima sobe 30, ata 530. E no 2025, a mínima cae aos 200 e a máxima sobe a 590 euros.
Esta suba progresiva das cotizacións acompáñase de melloras das bonificacións para nais traballadoras, para coidado de menores con enfermidades graves ou por familiar colaborador agrario.