Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os animais adquiridos en Portugal precisan documentación

Os animais adquiridos en Portugal precisan documentación

Multa de 600 euros por adquirir unha galiña "sen papeis"

G24.gal 12/05/2023 13:55 Última actualización 12/05/2023 14:32

Algo tan inocente como mercar unha galiña na feira de Cerveira pode implicarnos unha multa de 600 euros, xa que precisamos traela a España cun certificado TRACES que acredite a súa procedencia e que está sa. 

En Galicia pódese obter na comarcal de gandería da nosa zona previo paso polo veterinario. O control ten interese para evitar a transmisión da gripe aviar ou da lingua azul. A norma é bastante descoñecida polo pequeno propietario, pero si que a coñecen os que comercializan a grande escala. Os animais de compañía que compramos noutros países tamén precisan chip e documentación e hai que inscribilos aquí. 

No que atinxe aos exóticos, depende moito do tipo de animal e se pertence a unha especie ameazada. Os últimos días o Seprona atopaba en Ponteareas unha suricata cun chip portugués, unha especie que non está prohibida como animal de compañía pero que precisa certo control: aínda buscan ao propietario. Nos casos máis graves hai multas de mesmo 50.000 ou 60.000 por traer cabeiros de grandes animais.

Nalgún casos chégase ao sacrificio, cando é un caso moi grave e hai risco para a saúde. Ocorreu hai un mes con nove xatos sen a chapa adquiridos en Vila Nova de Cerveira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade