Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un camión sen control bate cun muro e cae nun desnivel na Estrada

Un camión sen control bate cun muro e cae nun desnivel na Estrada

O vehículo estaba aparcado costa abaixo e atravesou a Rúa 14

Acabou envorcado nunha propiedade particular, pero non houbo feridos

 

G24.gal 09/05/2025 14:29

Cravado boca arriba na propiedade duns veciños. Así quedou o camión despois de percorrer sen control a rúa 14 da Estrada. 

"Eu estaba dentro da tenda e escoitei un tremendo ruído, pensei que tronaba pero logo xa vin que un camión levara por diante o muro e caera para abaixo", comenta a dona dun establecemento da rúa.

Estaba aparcado costa abaixo e, por motivos que se descoñecen, botou a andar só. Se coñece que tiña as rodas viradas á esquerda, polo que cruzou a rúa, impactou contra un muro de bloques e saíu despedido polo aire. Para os veciños foi un verdadeiro milagre que non houbera feridos.

"O condutor estaba dentro do supermercado facendo o repartimento, así que ben, e o camión non se cruzou con xente nin con coches. Foi unha sorte, xa outra vez caeu outro coche aquí e tampouco pasou nada", di a veciña que coida o solar onde caeu o vehículo.

Sacalo de aí abaixo non foi fácil. Houbo que cortar o tráfico e tamén unha árbore para que o guindastre puidese subir o camión. A única vítima, xunto co muro, deste singular accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade