Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un veciño do Incio nun accidente de moto en Marrocos

Morre un veciño do Incio nun accidente de moto en Marrocos

A vítima é un home de 40 anos que estaba a realizar unha viaxe con catro amigos

O tráxico accidente produciuse preto da cidade de Agadir

G24.gal 04/05/2025 12:19

Un home, veciño do concello lucense do Incio, morreu en Marrocos tras sufrir un accidente de moto. A vítima, de 40 anos, sufriu unha saída da vía que rematou no tráxico desenlace.

O accidente produciuse este sábado cando o home estaba a realizar unha viaxe con catro amigos polo país africano. Os membros da expedición planificaran a viaxe para gozar da súa paixón, as motos. Unha viaxe que desgraciadamente se truncou preto da cidade de Agadir, nun fatal accidente.

Os trámites para repatriar o corpo xa están en marcha e espérase que poida realizarse o máis pronto posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade