Trasladado ao hospital de Ferrol un home que se queimou tras arderlle unha tixola
Cando chegaron os equipos de emerxencias, a tixola aínda tiña algo de lume e o piso estaba cheo de fume
.png)
Un home foi trasladado ao hospital en Ferrol con queimadoras causadas polo lume que prendeu nunha tixola, segundo informou o 112 Galicia.
O suceso produciuse despois das 23 horas da noite do venres, nunha vivenda situada na rúa Cañota, en Ferrol.
Ao chegaren, os equipos de emerxencias comprobaron que ardera unha tixola e xa case non había chamas, pero a casa estaba chea de fume, polo que o home que se atopaba no interior da vivenda foi evacuado en ambulancia ao hospital Arquitecto Marcide.
No operativo, á parte de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, participaron efectivos dos bombeiros do parque municipal, e axentes da Policía Nacional e Local.