O Athletic gaña en Bérgamo e ten na súa man a clasificación (2-3)
Os vascos remontaron na segunda metade con actuación estelar de Robert Navarro e do ex do Rácing Club de Ferrol Nico Serrano
Na última xornada deberán gañar ao Spórting de Portugal en San Mamés para certificar o seu pase
@AthleticClub
O Athletic Club gañou por 2-3 ao Atalanta en Bérgamo na penúltima xornada da fase liga da liga de Campións tras remontar nunha espectacular segunda parte o gol marcado por Gianluca Scamacca na primeira metade.
O dianteiro italiano adiantou o Atalanta cun cabezazo a centro do Zalewski. A figura de Unai Simón mantivo con vida ao equipo vasco pero tras o descanso, coa entrada de Oihan Sancet, o Athletic deu a volta ao marcador para seguir vivo na competición cos goles de Gorka Guruzeta, Nico Serrano e Robert Navarro.
No treito final Nikola Krstovic marcou o 2–3 definitivo. Soubo sufrir o equipo bilbaíno e acabou pechando un triunfo moi importante pera manterse con vida de cara á última xornada onde recibirá en San Mamés ao Spórting de Portugal, xa clasificado, pero con opcións de entrar no top 8 da competición.