Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Porriño vence con contundencia no derbi da Sangriña (18-27)

O Porriño vence con contundencia no derbi da Sangriña (18-27)

Un parcial de saída de 0-4 na segunda metade (8-16) resultou definitivo

O Porriño é o sexto clasificado con 25 puntos, seis menos cas guardesas

G24.gal 15/03/2026 18:26

No derbi de primeira feminina de balonmán, contundente triunfo do Porriño na pista do Guardés. 18 a 27 foi o resultado final.

Sorprendeu a facilidade coa que as visitantes lograron impoñerse na Sangriña. É e que o Porriño levaba catro xornadas sen gañar. As guardesas mostraron a súa faciana máis irregular nun partido no que foron sempre por detrás no marcador. Ao descanso o resultado era de oito a doce.

E cun parcial de dous a sete no inicio do segundo tempo o Porriño sentenciou o choque. Carolina Bono, con oito tantos, foi a máxima goleadora do encontro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade