Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mecalia Guardés acada o pase á final da European Cup diante do Málaga (26-23)

O Mecalia Guardés acada o pase á final da European Cup diante do Málaga (26-23)

As de Ana Seabra defenderon os dous goles de renda da ida e metéronse na súa segunda final

Agora pelexarán polo título que escapou en 2023

G24.gal 25/04/2026 22:08

O Atlético Guardés rematou na Sangriña o traballo iniciado hai unha semana en Málaga. As galegas fixeron valer a renda do encontro da ida das semifinais da European Cup (24-26), e volveron derrotar ás andaluzas na volta (26-23), desquitándose da eliminación de 2021 (ano en que o Málaga foi o campión) e meténdose na súa segunda final. Agora intentarán acadar o título que lles quitou o Konyaalti en 2023.

O partido iniciouno mellor o equipo visitante, que tivo as primeiras vantaxes. Pero o Guardés reaccionou, deulle a volta ao resultado e marchou ao descanso cunha vantaxe que deixaba o camiño da final encarreirado (14-11)

O Costa del Sol Málaga botou o resto no inicio da segunda metade, cun parcial de 3-7 que as deixaba a un gol da clasificación. Pero o Guardésreaccionou cun 3-0 que xa deixou o camiño despexado. Os últimos minutos foron de festa, ata o 26-23 final que mete ao Guardés na pelexa polo que sería o seu primeiro título continental.

María Sancha encabezou unha anotación moi repartida con sete goles. Cecilia Cacheda achegou 4.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade