Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Guardés busca praza na final da European Cup (20:30h G2 e AGalega.gal)

O Guardés busca praza na final da European Cup (20:30h G2 e AGalega.gal)

O equipo galego defende unha renda de dous goles (24-26) do partido de ida diante do Málaga

Ana Seabra: "Buscamos a segunda final en catro anos. Sería incrible"

G24.gal 25/04/2026 12:03

O Guardés ten unha cita coa historia esta noite na Sangriña. O equipo que adestra Ana Seabra recibe ao Costa do Sol Málaga, no partido de volta das semifinais da European Cup da EHF. 

O Partido de ida, disputado hai unha semana en Carranque, dominárono as xogadoras do Mecalia, pero un parcial final de 4-0 a prol das locais deixou a eliminatoria aberta para este partido de volta, que poderán ver en directo pola G2 e en AGalega.gal.

A adestradora portuguesa, que se despide esta temporada do banco,a dianta a importancia do choque: "Xogamos na casa, estamos motivadas, sabemos o que queremos, e estar na segunda final en catro anos, sería incrible". E é que o Guardés disputou a final desta competición no 2026, nunha eliminatoria que encarreirrou na Sangriña, pero que se torceu na volta en Turquía diante dun Konyaalti que remontou, privando ás de Ana Seabra do título. Agora están diante dunha nova ocasión para facerse con el.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade