Publicador de contidos

Publicador de contidos

A veciñanza de Lugo denuncia a enésima pelexa ás portas dun pub que non cumpre horario

A veciñanza de Lugo denuncia a enésima pelexa ás portas dun pub que non cumpre horario

Non houbo feridos de consideración aínda que houbo puñadas e patadas e unha persoa acabou no chan

G24.gal 04/05/2025 09:38

Uns veciños da rúa Amor Meilán de Lugo gravaron na madrugada do sábado a enésima pelexa ás portas dun pub desa rúa.  Os veciños volven denunciar as numerosas as ocasións nas que se producen no lugar estes episodios de violencia nocturna.

Nesta ocasión participaron varios homes e mulleres; aínda que non houbo feridos de consideración, houbo puñadas e patadas e unha persoa acabou no chan.

Os veciños da zona levan anos denunciando estas pelexas que non os deixan vivir tranquilos. Denuncian tamén que o pub non cumpre coa hora de peche.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade