Varios feridos leves por inhalación de fume no incendio dun bloque de vivendas en Toledo
O edificio comezou a arder pasadas as nove da mañá logo dunha explosión que se está a investigar
O incendio destruíu por completo unha das vivendas do primeiro piso do edificio, situado no barrio de Buenavista, en Toledo. Segundo os veciños, o lume iniciouse pasadas as nove da mañá e estivo precedido dunha explosión.
Polo menos tres persoas quedaron feridas leves. “Hai dous policías nacionais por inhalación de fume que foron os primeiros en chegar e están no hospital. En principio, non revisten ningunha gravidade, pero están no hospital. E, logo, seguramente a persoa que estaba no piso, tamén está no hospital”.
A mesta fumareda que se coou polo oco da escaleira obrigou a confinar nas súas vivendas os veciños dos pisos superiores. “En canto ás causas, nestes momentos aínda é cedo para poder avanzar calquera hipótese. Estase investigando”.
A Policía Científica e os bombeiros traballan conxuntamente para determinar a orixe e as causas do incendio.