Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home de 88 anos en Láncara tras esnafrarse contra un sinal mentres conducía

Falece un home de 88 anos en Láncara tras esnafrarse contra un sinal mentres conducía

A Garda civil non desbota que sufrira unha indisposición

A acompañante saíu ilesa

 

G24.gal 06/05/2025 11:33

Un condutor de 88 anos de idade faleceu este martes tras sufrir un accidente de circulación no municipio lucense de Láncara.

Segundo a información facilitada polo Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, o sinistro produciuse na estrada autonómica LU-546, que comunica Nadela (Lugo) con Monforte, concretamente á altura do quilómetro 12,200.

Ás 08:40 horas, o coche que conducía o falecido saíu da vía pola marxe esquerda da calzada e chocou contra un sinal vertical, xusto antes de chegar a unha rotonda.

De feito, o coche chegou a realizar a rotonda e detívose na beiravía da marxe dereita da calzada, a uns cen metros da glorieta.

Á espera dos resultados da autopsia, a Garda Civil non desbota que falecera por motivos naturais.

A vítima, de 88 anos, era do municipio de Sarria. A acompañante do condutor falecido quedou ilesa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade