Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alertan dunha repunta do calote das chamadas perdidas dende o estranxeiro

Alertan dunha repunta do calote das chamadas perdidas dende o estranxeiro

Ao devolver a chamada, a vítima conéctase a unha liña de tarificación especial con custos moi elevados

O prefixo 355 corresponde a Albania, o 225 a Costa do Marfil, o 233 a Ghana e o 234 a Nixeria
Félix Aragunde. Imaxe: Jose Lamas. 05/05/2025 19:53 Última actualización 05/05/2025 20:13

Ante a repunta do calote da chamada perdida dende o estranxeiro, a policía e a Garda Civil lanzan unha alerta. Os estafadores utilizan principalmente o prefixo de Albania, que é 355, e os de varios países do Golfo de Guinea, tamén de tres díxitos.

Se non se coñece a ninguén en Nixeria, Ghana ou Costa do Marfil, é importante non devolver a chamada, posto que podería saír moi caro.

Os estafadores apóianse na curiosidade das vítimas e na posibilidade de que alguén pense que se trata dunha chamada importante.

Recoméndase, por tanto, comprobar o prefixo antes de devolver unha chamada internacional, bloquear este servizo ou revisar as facturas telefónicas.

"Se devolves a chamada, podes estar chamando a números de tarificación adicional. Aquí temos unha idea de cales son, pero alí non, e xogan con iso. Chamas a ese teléfono, e un só minuto pódeche custar 70 ou 80 euros", sinala Víctor Muñoz, presidente de FACUA Galicia.

Por último, é importante que as vítimas presenten unha denuncia no cuartel ou na comisaría, co fin de previr novos casos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade