Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido o cuarto tripulante da narcolancha que matou dous gardas civís en Barbate

Detido o cuarto tripulante da narcolancha que matou dous gardas civís en Barbate

Está previsto que pase a disposición xudicial este luns

O detido, un home de 39 anos, levaba varios meses fuxido, posiblemente en Marrocos, o seu país de orixe

A narcolancha dos agora catro detidos arremeteu contra a zodiac da Garda Civil en febreiro de 2024

G24.gal 04/05/2025 21:31

Detido o cuarto dos tripulantes da narcolancha que matou dous gardas civís en Barbate en febreiro de 2024. Está previsto que pase a disposición xudicial este luns. O detido é un home de 39 anos. Levaba meses en paradoiro descoñecido, posiblemente agochado en Marrocos, o seu país de orixe. 

Asediado pola Garda Civil e, supostamente presionado polas mafias do Estreito, entregouse en Cádiz, acompañado dun avogado. O mesmo que fixeron o piloto da narcolancha e os outros dous tripulantes, en prisión provisional desde que os prenderon en setembro e en novembro. 

Os feitos aconteceron en febreiro do ano pasado, cando a narcolancha, tripulada polos agora catro detidos, arremeteu contra a zodiac do Grupo de actividades subacuáticas da Garda Civil, matou dous axentes e feriu outros catro.

Este último detido mantivo a mesma versión que os outros arrestados. Dixo que o acontecido aquela noite foi un accidente e que non tiñan intención de matar. 

A investigación policial sinala o contrario, que o gratuíto e brutal ataque da narcolancha tivo como fin causar un grave dano ou quitarlles a vida aos gardas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade