Tres persoas trasladadas ao hospital en Ferrol despois de que unha manta eléctrica provocara un incendio
Tres persoas trasladadas ao hospital en Ferrol despois de que unha manta eléctrica provocara un incendio
Foron varios particulares os que alertaron o 112 Galicia de que había fume nas escaleiras do edificio
.jpg)
Tres persoas foron trasladadas ao hospital despois que se orixinara un incendio nunha manta eléctrica, nunha vivenda na rúa do Pintor Bello Piñeiro, en Ferrol, segundo informou o 112.
Os bombeiros extinguiron as chamas do incendio producido despois das seis da mañá e ventilaron o edificio, que se viu afectado polo fume, e os servizos sanitarios evacuaron tres persoas ao hospital Arquitecto Marcide.
Durante os traballos de extinción, os bombeiros confinaron a todas as persoas nas súas vivendas, mentres que os ocupantes do piso afectado permaneceron no balcón, fóra de perigo.
Foron varios particulares os que alertaron o 112 Galicia de que había fume nas escaleiras do edificio e, pouco despois, sinalaron que se trataba dunha manta eléctrica que estaba a arder no primeiro piso. Un piso que está á altura dun segundo.
Desde o 112 Galicia activouse un operativo para o que se alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ferrol e Narón e a Policía Nacional e Local.