Esnáfrase contra a fachada dun inmoble da Coruña sen deixar feridos
O condutor recupérase na casa
O forte impacto causou importantes danos materiais e un apagamento na contorna
O vehículo implicado no accidente quedou completamente desfeito pola parte dianteira ao impactar contra a fachada dun inmoble da Coruña.
"Escoitouse moito. Foi un golpe moi duro". "Din que quixo facer como un adiantamento e que se lle foi o coche... O home é un veciño do barrio, duns 70 anos".
Tras o impacto, foron moitos os que trataron de axudar o condutor.
"Abríronlle a porta e axudárono a saír do coche. Quedou un pouco inconsciente e cunha cicatriz na cabeza".
O sinistro causou importantes danos materiais e un apagamento na contorna.
"O coche esnafrouse contra a parede e sorte que non bateu contra o escaparate...". "Escoitouse como se un xerador se apagase de súpeto. Quedou todo ás escuras".
Segundo familiares do condutor, o home non lembra como perdeu o control do coche. Arestora xa se recupera do susto na casa.