Publicador de contidos

Publicador de contidos

Campaña solidaria para que un mozo poida ir á Copa do Mundo de patinaxe artística

Campaña solidaria para que un mozo poida ir á Copa do Mundo de patinaxe artística

Os amigos do seu pai, falecido hai 15 anos, axudan para que poida viaxar a Arxentina

Lucas Yáñez durante o exercicio co que logrou o pase á final da Copa do Mundo de patinaxe artística
G24.gal 02/06/2023 13:29

Lucas Yáñez ten 18 anos é da Coruña e fai patinaxe artística co Club Maxia. No seu palmarés atesoura campionatos de España, de Europa e do mundo como xunior.

Hai uns dias, estreándose na categoría absoluta logrou con este exercicio o seu pasaporte á Final da Copa do Mundo que se celebrará na Arxentina do 13 ao 18 de xuño. Pero facer realidade ese soño é inasumible para el.

A viaxe e estadía custa uns 8.000 euros. Pero a Lucas xurdíronlle uns padriños inesperados: os amigos de seu pai , falecido hai 15 anos e que pasou longas temporadas en Mondoñedo.

Ali puxeron en marcha unha campaña solidaria que está tendo moito éxito. Incluso o concello organiza este domingo unha ruta de sendeirismo na que se recadan fondos para financiar a viaxe de Lucas.

Esta vaga de solidaridade colleu por sorpresa o mozo coruñes, que só ten palabras de agradecemento.

El mesmo puxo en marcha outra campaña de crowfunding a través dunha plataforma en que xa case recadou 4.000 euros.

E é que nesta modalidade deportiva as axudas son escasas.

O que si ten claro Lucas é que irá por todas na Arxentina
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade