Os afectados polo cártel de coches inician as reclamacións
Os afectados polo cártel de coches inician as reclamacións
Máis de 400.000 galegos poderían estar prexudicados polo modus operandi do denominado cártel de coches
Unha páxina web en que incluír marca, modelo e ano de adquisición, e xa podemos saber se estamos entre os máis de 400.000 galegos que se supoñen que saíron prexudicados polo modus operandi do denominado cártel de coches.
Nove de cada dez das empresas que operan no mercado do automóbil están acusadas e están a ser condenadas por estas prácticas ilícitas destinadas a subir os prezos.
Deben achegar un xustificante do importe pagado e entrarían no grupo dos demandantes. Só no caso de obter éxito coa reclamación terían que pagar aos avogados unha porcentaxe do conseguido.
Sería este o maior caso de abuso en materia de competencia. Xerou un expediente con multas por valor de 171 millóns de euros ás empresas fabricantes. O sobreprezo medio en cada vehículo é aproximadamente dun 10 % do seu valor.