O banco de alimentos necesita voluntarios para a recollida masiva de maio
O Maio Solidario desenvólvese durante catro días: este venres e sábado e quince días despois
O almacén do banco de alimentos recibe acotío doazóns e case coa mesma rapidez saen para institucións ou asociacións que distribúen os produtos básicos a persoas que non teñen cartos para mercalos.
E a precariedade económica crece. O aumento é xeneralizado e no banco de alimentos compostelán sitúano preto do vinte por cento.
Ángela Vergara Núñez, voluntaria permanente do banco de alimentos, di que "estariamos nun 18 por cento máis, por aí. Neste último ano o número de beneficiarios que temos aumentou bastante, en 1.630. Supoñemos son persoas que antes estaban traballando e non o necesitaban".
Andan coa recollida masiva de alimentos e produtos de hixiene persoal da campaña Maio Solidario. Precisan voluntarios para estar nos supermercados e no almacén. Piden que colaboren máis persoas na tarefa de xestionar unha axuda solidaria que é vital para moitas persoas.