Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan home de 69 anos desaparecido no porto de Betanzos

Buscan home de 69 anos desaparecido no porto de Betanzos

Os indicios apuntan a que caeu a auga porque o can co que paseaba quedou alí só agardando por el

G24.gal 16/08/2022 14:25

En Betanzos activaron nas últimas horas un dispositivo de busca para dar cun veciño de 69 anos que falta da súa casa desde onte pola mañá. O home desapareceu arredor das 8:30 da maña. Ten 69 anos e os primeiros indicios apuntan a que acabou no río Mandeo, na zona do porto de Betanzos.

Todo fai indicar iso porque o can co que paseaba habitualmente permaneceu alí ata que foi localizado dúas horas despois.

As cámaras de seguridade do porto rexistraron a súa entrada, pero non a súa saída. A filla está segura de que por algún motivo estraño acabou na auga, onde o can o viu desaparecer.

Tras o dispositivo de busca iniciado onte por membros de Protección Civil coa súa lancha, esta mañá incorporouse o servizo marítimo, un helicóptero e tamén axentes do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade