Publicador de contidos

Publicador de contidos

Operación contra o tráfico ilícito de vehículos de alta gama en máis de 20 provincias

Operación contra o tráfico ilícito de vehículos de alta gama en máis de 20 provincias

Hai 82 detidos e 58 turismos recuperados

Creaban empresas por todo o país para contratar servizos de renting ou leasing de vehículos

Tras falsificaren a documentación eran destinados á venda en España e por Europa

G24.gal 08/05/2022 12:15

Axentes da Policía Nacional detiveron 82 persoas e recuperaron 58 vehículos de alta gama, nunha macrooperación contra o tráfico ilícito de turismos de alta gama, realizada en máis de 20 provincias.

Están acusados de cometer unha fraude duns 10 millóns de euros mediante contratación fraudulenta de servizos de renting. Estaban estruturados en distintos núcleos, con relación entre si, en Alacante, Almería, Xaén, Madrid, Murcia e Tarragona.

Creaban empresas por toda España para contratar o renting ou o leasing de vehículos que logo tras falsificar a dcoumentación eran destinados á venda tanto en España coma en diferentes países europeos.

Impútanlles aos detidos os delitos de pertenza a organización criminal, calote, alzamento de bens, falsidade documental, extorsión e branqueo de cartos.

Ademais dos 58 vehículos de alta gama, a policía interveu tres cabezas tractoras valorados en máis de 400.000 euros, máis de 24.000 euros en efectivo, documentación e útiles precisos para a falsificación. Os axentes detectaron outros 50 vehículos que están a investigar por se a adquisición se realizou co mesmo procedemento fraudulento.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade