Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidas 44 persoas por estafar 430.000 euros a 146 vítimas a través de Internet

Detidas 44 persoas por estafar 430.000 euros a 146 vítimas a través de Internet

A policía comisou 54.000 euros en criptomoedas nos 14 rexistros efectuados en seis provincias españolas

Os detidos están acusados de estafa, branqueo de capitais e organización criminal

Arquivo/Policía Nacional Arquivo/Policía Nacional
G24.gal 18/09/2026 11:18

A Policía Nacional desarticulou unha organización dedicada á comisión masiva de estafas informáticas por toda España. Na operación foron detidas 44 persoas e houbo 14 rexistros en seis provincias: Barcelona, Tarragona, Málaga, Almería, Cádiz e Cidade Real.

Os axentes conseguiron esclarecer 146 denuncias formalizadas en dependencias policiais de toda Espoaña. Calcúlase que a banda conseguiu apropiarse de máis de 430.000 euros.

O modus operandi

A rede utilizaba sofisticadas técnicas de enxeñería social, campañas de vishing -estafa telefónica na que o ciberdelincuente suplanta a identidade dunha entidade-, smishing-mensaxes de texto falsos para roubar datos privados e bancarios ou instalar virus no móbil-, falsos alugueiros e revenda fraudulenta de entradas.

Os arrestados canalizaban os seus beneficios cara a contas bancarias e despois convertíanos en activos de criptomoedas para dificultar a rastrexabilidade do diñeiro.

Nos rexistros os axentes interviñeron 3.410 euros en efectivo, criptoactivos valorados noutros 54.000, 70 liñas telefónicas, 57 tarxetas bancarias, 43 tarxetas SIM, 24 móbiles, catro computadores, cinco memorias USB, 773 gramos de haxix, unha catana e diversos aparellos electrónicos.

A policía levaba máis dun ano detrás desta organización

A investigación iniciouse en maio de 2024 tras a denuncia presentada por unha vítima que fora obxecto dunha estafa informática de 0,5 bitcoin.

A partir deste feito os investigadores seguiron o rastro dos fondos defraudados e puideron determinar que a organización branqueaba diñeiro obtido ilicitamente en criptoactivos.

A medida que avanzaban as pescudas os axentes constataron que os integrantes da banda especializados recorría a diferentes modalidades de fraude para captar as súas vítimas.

Principalmente empregaban campañas de vishing dirixidas a clientes de bancos facéndose pasar por empregados das entidades para obter credenciais de acceso e ademais realizaban falsos anuncios de alugueiro de vivendas e ofertas enganosas de entradas para concertos e eventos multitudinarios.

Así mesmo dispoñían de membros especializados na xestión de páxinas web de psishing que eran os responsables da adquisición e revenda fraudulenta de dispositivos electrónicos de alta gama.

A Policía esclareceu 146 denuncias formalizadas en diferentes dependencias policiais de vítimas que sufriron un prexuízo que ascende a un total de máis de 430.000 euros.

Aos detidos atribúenselles delitos de estafa, branqueo de capitais e organización criminal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade