Publicador de contidos

Oito camelos e unha llama pasean polas rúas de Madrid tras escapar dun circo

Oito camelos e unha llama pasean polas rúas de Madrid tras escapar dun circo

Abrirase unha investigación para coñecer que ocorreu e evitar que os animais volvan escapar

G24.gal 05/11/2021 23:37

A Policía Nacional localizou na madrugada do venres oito camelos e unha llama que paseaban polas rúas do distrito madrileño de Carabanchel tras escapar dun circo próximo.   

Foi sobre as 5 da madrugada deste venres cando axentes da Policía Nacional observaron a estes animais na intersección da rúa de Aguacate con Vía Lusitana, non moi lonxe do circo.

Entón, contactaron cos responsables do espectáculo, que se fixeron cargo deles. Abrirase unha investigación para coñecer que ocorreu e evitar que os animais volvan escapar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade