Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oito aldeas modelo para facer que o monte volva producir

Oito aldeas modelo para facer que o monte volva producir

Terreos abandonados recuperan a actividade nun proxecto piloto impulsado pola Xunta

G24.gal 23/01/2023 21:50

Neste momento, Galicia ten en marcha oito aldeas modelo. É unha iniciativa da Xunta para recuperar terreos abandonados. Cumpren unha dobre función: poñer o monte a producir e mantelo limpo para previr incendios.

Xan é criador de porcos silleiros. Unha actividade que iniciou hai dez anos en Monterroso para recuperar esta raza. 

O seu proxecto foi seleccionado pola Consellería do Medio Rural para explotar a aldea modelo do Penedo. Ten un total de 23 hectáreas de monte. Máis de 600 parcelas ata agora abandonadas que os veciños lle cederon encantados.

Os porcos, un total de 15 ten neste momento, andan ceibos. Contribúen a rozar o monte e alimentaranse con produtos que se cultivan na mesma explotación.

Xan  recibe, a cambio, axuda económica da Xunta, que puxo en marcha un total de oito aldeas coma esta por toda Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade