Oficial: o Celta Fortuna ficha a Hugo Cuenca y Alexis Olmedo
Fichaxes para prepara o debut na Liga Hypermotion ante o C. D. Castelló (TVG)
Imaxes do RC Celta
O Celta Fortuna continúa afinando a súa posta a punto para o seu histórico debut na Liga Hypermotion e xa ten pechadas as dúas incorporacións do curso: Alexis Olmedo e Hugo Cuenca.
Alexis Olmedo, procedente do Barça Atlètic. Central con capacidade para actuar tamén no lateral dereito, formouse na Masía desde prebenxamíns e é un futbolista seguido polo Celta desde hai tempo, ata o punto de que o club xa tentara a súa contratación o pasado verán. O manresán chega traspasado e supón unha aposta de presente e futuro para a defensa.
Hugo Cuenca incorpórase cedido e con unha opción de compra próxima ao millón de euros. O atacante paraguaio, internacional absoluto en tres ocasións, iniciou a súa carreira no Capiatá, antes de dar o salto a Europa da man do A. C. Milán. Na última metade da pasada tempada xogou no filial do Burgos, onde deixou boas sensacións con 9 partidos e 2 goles. No Celta Fortuna reforzará a parcela ofensiva.