Ocupantes ilegais instálanse na locomotora histórica do barrio da Ponte en Ourense
Os veciños denuncian o estado de abandono dunha peza histórica do ferrocarril
A xente asegura que alguén durme no interior da locomotora
A locomotora leva máis de corenta anos nas inmediacións da estación do tren de Ourense e xa forma parte da paisaxe e do día a día do barrio da Ponte.
Pero desde hai algún tempo os veciños do barrio denuncian o seu abandono. Falan de ferruxe e de que está completamente podre.
O mesmo abandono do que fala a Asociación de Amigos do Ferrocarril de Ourense, que leva tempo reivindicando que non se deixe deteriorar máis unha peza histórica, da que só existe outra unidade igual en España. Membros da asociación falan tamén do roubo de pezas da locomotora, pezas que será moi complicado conseguir para a súa reparación.
Nas últimas datas xa non é só a ferruxe a que habita nesta locomotora. Hai indicios no interior da locomotora de que alguén pode estar vivindo alí. Algúns falan de ocupación, pero outros veciños falan de que podería ser un indixente ocasional.
Sexa quen sexa, os veciños están de acordo en que un monumento á historia ferroviaria de Ourense merecería un trato mellor. Así que esperemos que está locomotora volva a ver tempos mellores e siga outros corenta anos sendo un símbolo para o barrio da Ponte.