Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ocupación hoteleira ao 100 % no Salnés esta ponte de agosto

Ocupación hoteleira ao 100 % no Salnés esta ponte de agosto

400.000 persoas visitantes en xullo e en agosto segundo unha compañía telefónica

G24.gal 13/08/2023 14:13 Última actualización 13/08/2023 14:53

Sanxenxo segue batendo marcas de ocupación no verán galego. Segundo os datos dunha compañía telefónica, 400.000 persoas estiveron na vila o pasado mes de xullo. Estamos nun ano de récord porque as estatísticas que manexa o Goberno galego falan dun incremento de turistas no primeiro semestre do ano que roza o12 %.

Para os hostaleiros de Sanxenxo estamos a piques de rematar a mellor quincena do ano, con rexistros de ocupación próximos ao 2005. Moitos son turistas fieis que recuncan cada ano. A diversidade de praias, os servizos da vila, o seu clima morno pero non abafante, a calidade da súa restauración e a posibilidade do lecer nocturno son o que máis valoran os visitantes.

A imaxe de cheo case absoluto repítese en case todas as localidades costeiras das Rías Baixas. Os hostaleiros agardan que as cifras se manteñan ata mediados de setembro, tempo en que será clave a prolongación dunha climatoloxía amable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade