Publicador de contidos

Publicador de contidos

Obradoiro quere sumar a duodécima vitoria en Murcia

Obradoiro quere sumar a duodécima vitoria en Murcia

G24.gal 29/04/2022 14:59

E vai o Monbus Obradoiro a Murcia. E a Moncho Fernández non lle preocupa o ambiente. Murcia é un equipo agresivo e ten un xogador que leva toda a temporada enfrontado a rivais, Sadiel Rojas. Hai un mes foi denunciado polo Gran Canaria.

Murcia será territorio hostil para Obradoiro. O club fixo un chamamento á súa afección para este encontro. E dende Santiago vese como un elemento máis de motivación.

Será, pois, un partido de emocións e tensión máxima. Obradoiro irá a Murcia con moito en xogo e a lección aprendida do Sar.

Terán que aplicarse os santiagueses para tentar sumar a vitoria número doce.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade