Publicador de contidos

Publicador de contidos

Obradoiro práctico sobre educación viaria para estudantes de secundaria de Ourense

Obradoiro práctico sobre educación viaria para estudantes de secundaria de Ourense

Déronse conta do perigoso que é coller o volante baixo os efectos do alcol grazas a unhas lentes de simulación

G24.gal 17/02/2022 12:29

Para concienciar da importancia de conducir respectando sempre as normas e con responsabilidade, o alumnado de secundaria de Ourense está a participar nuns obradoiros prácticos sobre educación viaria. Desta volta, déronse conta do perigoso que é coller o volante baixo os efectos do alcol grazas a unhas lentes de simulación.

Unha vivencia simulada que lles fai ver a estes alumnos e alumnas do instituto Otero Pedrayo de Ourense o perigoso que é guiarse coas capacidades e habilidades diminuídas. O obxectivo é que estes rapaces, condutores no día de mañá, sexan moi conscientes dos riscos que supón beber antes de conducir.

Pero eles a día de hoxe xa son protagonistas no ámbito viario como peóns, por iso lémbranlles que hai que cumprir as normas e practicar valores como o respecto. Esta actividade está organizada pola Concellería de Educación de Ourense, coa colaboración da Garda Civil e da Xefatura Provincial de Tráfico por unha seguridade viaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade