Publicador de contidos

Publicador de contidos

Palencia esnaquiza o Obradoiro no segundo tempo (72-85) e iguala a serie

Palencia esnaquiza o Obradoiro no segundo tempo (72-85) e iguala a serie

Gañaba o equipo santiagués por dez no descanso (41-31) pero o equipo palentino bordou o baloncesto no segundo tempo cun Tobias Borg letal

G24.gal 18/05/2025 19:06 Última actualización 18/05/2025 20:08

O Palencia igualou a serie de cuartos de final de ascenso á ACB diante do Obradoiro e recuperou o factor pista. O cadro obradoirista terá que gañar un dos dous partidos en Palencia para ter opcións de xogar a semifinal. 

Custoulle moito entrar en xogo ao cadro galego que nos catro primeiros minutos só anotara dous puntos (2-7). O Palencia mandou durante dez minutos e chegou a ter unha máxima diferenza de seis puntos (13-19) pero o Obradoiro mantivo o tipo. Cambiou a dinámica no segundo cuarto cunha achega estelar de Micovic (11 puntos e 3/3 nas triplas) que lle permitiu coller a dianteira (22-21). O parcial foi espectacular (24-11) e ao descanso chegouse co 41-31. 

O Palencia deulle a volta ao partido despois do tempo de lecer. Comezou cun parcial de 0-8 (41-38) e continuou ata que se puxo por diante despois de moitos minutos (54-57) a pouco do final do terceiro cuarto. Ao equipo visitante entráballe absolutamente todo e desde o tiro de tres machacaba ao Obradoiro (58-69 a 6:30 do final) cun Tobias Borg letal con seis triplas. 

A diferenza chegou a ser de dezaseis puntos (60-76) momento no que quedou sentenciado o enfrontamento. A Palencia saiulle todo en ataque na segunda metade e o Obradoiro non atopou o xeito de frear estrelas como Krutwig, Borg ou Wintering. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade