Obradoiro e Breogán buscarán a domicilio fuxir dos postos de descenso
Os de Moncho Fernández visitan o Granada, rival directo pola permanencia
O conxunto lucense visita a cancha do Valencia, onde o ano pasado conseguiu o boleto para a competición europea
O inicio da segunda volta achega emocións fortes. E poucas citas poden ter máis emotividade que un duelo directo pola permanencia. É o que vai suceder o domingo ao mediodía entre o Granada e o Obradoiro. Os santiagueses buscan marcar dous triunfos de diferenza cos nazarís, que no Sar protagonizaran o mellor partido da temporada.
O Río Breogán que, alentado polo subidón europeo desta semana, buscará asaltar por terceira temporada seguida a pista do Valencia. O ano pasado logrou precisamente o triunfo que lle deu acceso á Basketball Champions League. O potente equipo laranxa amosa dúbidas, como demostra as tres derrotas cedidas na Fonteta nos últimos catro partidos de liga.
O Breogán busca pivote e semella que o atopou nun coñecido. Jordan Sakho vén de rescindir contrato co UCAM Murcia e pode ser nas próximas horas novo xogador celeste.