Obradoiro e Breogán buscan unha vitoria que lles dea aire
O Obradoiro visita Tenerife (sábado ás 20:45)
O Breogán visitará o líder, o Real Madrid (domingo ás 12:30)
Xornada 12 na ACB, xornada para que os nosos tomen aire na clasificación. Para que o Obradoiro esqueza a derrota, o mal trago co Granada, e logre que o Tenerife deixe de ser unha cancha inabordable. O Obra de Moncho sempre perdeu alí
Catro vitorias ten o Obradoiro, cunha menos e en descenso anda o Breogán. Que vén de superar ao Zaragoza, que viaxa coa baixa de Diouf, quen anda en Italia revisando o xeonllo, e que aspira a da-ala balada ante o Real Madrid, Os brancos veñen de apañar a primeira derrota na Euroliga de xeito dramático, nos últimos minutos.
Misión complicada apunta Mrsic, pero non imposible. Como ben vimos no Pazo apenas hai sete meses cando o Breogán gañou (96-72) cunha actuación imperial de Hollatz.