Obradoiro e Breogán buscan fuxir do descenso co apoio dos seus
Os santiagueses reciben o Tenerife, un dos mellores visitantes da liga
O conxunto lucense quere esquecer a derrota europea cunha vitoria ante o Xirona
A última vez que o Obradoiro gañou un partido foi o 23 de decembro en Lugo. Desde aquela, tres derrotas que o situaron antepénultimo; dúas delas nos segundos finais. Granada e Barcelona. Por iso esta semana houbo reflexión e escoitamos a Pustovoi asegurar que falta instinto asasino...
"Temos que traballar o instinto asasino. Se gañamos por 10, ir por vinte. Se imos por 20 ir a por 40. É o que necesitamos".
Pustovoi levou o premio ao mellor xogador do Obradoiro en decembro. Empurrón de moral antes de recibir esta tarde ao talentoso Tenerife.
O Breogán tamén xoga na casa este domingo, ante un rival directo, o Xirona. Con sensacións encontradas. A da eliminación europea e a da satisfacción polo traballo feito.
E chega tamén con Sako no roster e coa convicción de que esa eliminación europea traerá melloría... O Breogán está penúltimo, en descenso. Cunha vitoria na liga nos últimos cinco partidos.