O xuíz rexeita suspenderlle a pena a Juana Rivas "por ser un perigo para os fillos"
O maxistrado alega falta de arrepentimento e asegura que Juana non denunciou os abusos que presuntamente sufriu un dos pequenos cando estaban baixo a súa custodia
Os seus avogados van presentar unha querela contra o xuíz por un presunto delito de prevaricación xudicial e calumnias

Juana Rivas non sairá da prisión ata que cumpra toda a condena por non entregarlle os fillos ao seu exmarido.
O xuíz rexeita poñela en liberdade, tal e como solicitara a súa defensa, tras o indulto parcial que lle concedeu o Goberno e que lle reduciu a pena á metade.
Alega falta de arrepentimento e asegura que Rivas podería representar un grave perigo para os seus fillos.
O xuíz baséase nuns indicios de abuso sexual contra un dos menores que presuntamente sucederon mentres a muller tiña a custodia e aos que durante o xuízo non se lles deu importancia.
Os avogados de Rivas acusan o maxistrado de mentir e anuncian que van presentar unha querela contra el por un presunto delito de prevaricación xudicial e calumnias.