Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Xirona de Marc Gasol non ten piedade do Leyma Coruña

O Xirona de Marc Gasol non ten piedade do Leyma Coruña

A serie chegará á Coruña cunha clara vantaxe do equipo catalán que gañou os dous primeiros partidos

O segundo partido da serie acabou cunha malleira (92-62)

G24.gal 28/05/2022 23:00

No playoff de ascenso á ACB, segundo revés para o Leyma Coruña que non tivo ningunha opción diante do Basquet Xirona. Derrota inapelable do equipo herculino diante dun rival moi acertado, que acertou os seus sete primeiros lanzamentos de tres puntos.

O Leyma veuse baixo no segundo cuarto. Ao descanso perdía por máis de 20 e a diferenza aínda se ampliou ata os 30 finais (92-62). A serie continuará o vindeiro xoves en Riazor, xa sen marxe de erro para os galegos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos