Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xabaril arrasa 30 hectáreas de millo acabado de plantar nunha explotación de Guitiriz

O xabaril arrasa 30 hectáreas de millo acabado de plantar nunha explotación de Guitiriz

Avalían as perdas nuns 6.000 euros, ademais de ter que volver sementar

Diego Fraga, propietario de Portagándara, revisa unha das parcelas arrasadas polo xabaril
G24.gal 25/05/2026 13:55

Diego, propietario da explotación gandeira Portagándara de Guitiriz, amosa o desastre que xa lle comunicaron á Consellería de Medio Ambiente. O xabaril arrasou 30 hectáreas de millo en varias parcelas acabadas de sementar. Cóntanos que sementaron unhas 67 hectáreas a finais de abril e o porco bravo estrago totalmente as últimas parcelas onde plantaron.

Avalían as perdas nuns 6.000 euros, ademais de ter que volver sementar. Pero o que máis os incomoda é facelo coa inquedanza de que o porco bravo repita as andanzas.

Na fin de semana houbo unha batida de caza, pero Diego está convencido de que a solución á sobrepoboación de xabaril non pasa por estas medidas. Cre que o problema é máis complexo e ten máis que ver co abandono do rural: os montes non están limpos e favorecen a reproducción destes animais.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar