Publicador de contidos

Publicador de contidos

A armadora do Pitanxo contrata os mariñeiros que desmentiron a versión de Samuel Kwesi

A armadora do Pitanxo contrata os mariñeiros que desmentiron a versión de Samuel Kwesi

Nunha entrevista coa Televisión de Galicia, a defensa do grupo Nores aseguraba que testemuñas independentes que avalaban a súa versión fronte á de Samuel Kwesi

Agora sábese que a armadora contratou esas dúas persoas e que forman parte da tripulación do Villa Nores, xemelgo do Pitanxo, que acaba de regresar de Terra Nova

G24.gal 02/02/2023 20:50 Última actualización 03/02/2023 13:32

O arrastreiro Villa Nores, barco xemelgo e da mesma armadora que o Villa de Pitanxo, está desde este xoves no porto de Vigo. Regresou de Terra Nova, o mesmo caladoiro en que se produciu a traxedia, da que se cumprirá un ano en menos de dúas semanas: 21 falecidos, dos que tan só se recuperaron 9 cadáveres.

A Audiencia Nacional impútalles á armadora e ao patrón, Juan Padín, eses 21 presuntos homicidios imprudentes.

A chegada do Villa Nores a Vigo coincide coa confirmación dun dato moi revelador. Na única entrevista que ata o de agora deu a parte investigada no caso, Alberto Penelas, avogado de Padín e do Grupo Nores, adiantaba o pasado 12 de xaneiro que existían testemuñas independentes que avalan a versión do seus defendidos e contradín a de Samuel Kwesi, o mariñeiro que salvou a vida e propiciou toda a investigación que aínda está en marcha. Testemuñas de xente allea á empresa, dos barcos rescatadores, aseguraba o avogado do Grupo Nores.

Alberto Penelas referíase en concretro ao capitán e ao segundo de a bordo do pesqueiro portugués Virxe da Barca, que en efecto tomou parte nos labores de rescate. O que Penelas non dixo aquel día, pero o Galicia Noticias si puido confirmar por fontes fiables e alleas á causa xudicial, é que tanto un coma o outro están contratados nestes momentos por Nores.

Ata o punto de que os dous formaban parte da tripulación do Villa Nores, ese xemelgo do Pitanxo que acaba de regresar de Terra Nova esta mesma semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar