Publicador de contidos

Publicador de contidos

A armadora do Pitanxo pide dous meses máis para depositar os 44 millóns de fianza

A armadora do Pitanxo pide dous meses máis para depositar os 44 millóns de fianza

Pesquerías Nores Marín solicitou á Audiencia Nacional unha ampliación do prazo para entregar os cartos cos que se afrontarían posibles responsabilidades 

A petición prodúcese unha semana despois de que se coñecese o auto no que se envía a xuízo a dous directivos da armadora e ao capitán do barco pola morte de 21 tripulantes

Directivos da armadora do 'Villa de Pitanxo'. Gustavo Valiente / Europa Press (Arquivo) Directivos da armadora do 'Villa de Pitanxo'. Gustavo Valiente / Europa Press (Arquivo)
G24.gal 30/07/2026 20:01

Pesquerías Nores Marín, a armadora do pesqueiro galego 'Villa de Pintanxo' naufragado en augas de Terranova (Canadá) en febreiro de 2022, solicitou á Audiencia Nacional unha ampliación do prazo para depositar a fianza millonaria coa que se afrontarían posibles responsabilidades que puidese ter a empresa tras a celebración do xuízo.

Segundo informou a portavoz dos familiares das 21 vítimas mortais do afundimento, María José de Pazo, o xulgado notificou ás familias que a compañía solicitou dous meses máis de marxe para entregar o diñeiro. Agora, cabe esperar a resposta do maxistrado.

A Audiencia Nacional leva a xuízo a dous directivos da armadora e ao capitán 

Esa petición da armadora realízase unha semana despois de que a Audiencia Nacional decidise enviar a xuízo a dous directivos da empresa armadora do pesqueiro galego 'Villa de Pitanxo' e ao capitán da embarcación pola morte de 21 tripulantes durante o naufraxio.

No auto, o xuíz do caso, Ismael Moreno, abriu xuízo aos dous máximos responsables da armadora do barco Grupo Nores Marín, José Antonio Nores Rodríguez e José Antonio Nores Ortega, pai e fillo, e ao capitán do barco, Juan Enrique Padín, por presuntos delitos de homicidio por imprudencia grave e de lesións imprudentes en concurso ideal con outro contra os dereitos dos traballadores.

O xuíz sinalou como responsable civil subsidiario á mercantil Pesquerías Nores Marín e á entidade aseguradora British Marine Luxembourg como responsable civil directo.

O xuíz citou de novo aos 3 acusados o 5 de agosto 

Ismael Moreno requiriu aos tres acusados para que depositen 44 millóns de euros como fianza para garantir as responsabilidades pecuniarias que se lles puidesen impoñer, e reclama á responsable civil subsidiaria, Pesquerías Nores, que preste a mesma cantidade de forma solidaria cos tres acusados, así como á responsable civil, a aseguradora British Marine Luxembourg.

O pasado martes, ningún dos tres acusados acudiu a recoller o auto de apertura de xuízo ante o xuíz, polo que foron citados de novo para o 5 de agosto ás 10.30 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade