O Viaxes Amarelle ascende a Primeira División
Soaba a bucina e así festexaban as xogadoras do Viaxes Amarelle o retorno á máxima categoría do fútbol sala, tan só un ano despois de perdela. Foi unha temporada impecable a o equipo de Jorge Bastante que tiña a opción de lograr o ascenso á primeira, a partido único e na casa diante dun rival como o Alcantarilla que tivo opcións ata o último minuto.
Ao tanto inicial de Candela Soria respondeu o equipo murciano con dous goles, un de Marta de los Riscos aproveitando un erro na circulación, e outro de Patri Martínez nunha xogada de encerado. O 1-2 ao descenso non afectou os nervios das laranxas que realizaron un segundo tempo sublime.
Axudou o gol temperán de Carlita devolvéndolle a moeda ao rival cun outra acción, case calcada, de estratexia. Gastárase pouco máis dun minuto. E pasaron só dous máis cando o marcador viraba por completo co tanto de Laura Doce que entra na meta coa colaboración da porteira.
Tocou defender daquela pero sen deixar de incomodar. E nunha recuperación na presión avanzada chegou o 4-2 definitivo. Marcou unha das xogadoras destacadas deste partido, Patricia Romaní. Foi o anticipo da festa que se viviu mo Pavillón da Sagrada Familia. O Amarelle amplía a cinco a nómina de equipos galegos na primeira división feminina.