Publicador de contidos

Publicador de contidos

O vestiario do Celta lamenta a "oportunidade perdida" para sentenciar a eliminatoria

O vestiario do Celta lamenta a "oportunidade perdida" para sentenciar a eliminatoria

Iago Aspas: "Tivemos o 0-3 xusto antes de que nos marcasen o 1-2"

Radu: "Só hai un gol de diferenza, pero se xogamos coma na ida, pasaremos á seguinte rolda"

G24.gal 20/02/2026 12:01

Había moita alegría no vestiario do Celta despois de completar un gran partido diante do PAOK, pero tamén un pouco de mágoa pola oportunidade perdida para deixar a eliminatoria completamente resolta. O 0-2 do descanso fixo xustiza co acontecido sobre o terreo de xogo e no segundo tempo Jutglá marcou un terceiro gol anulado por un fóra de xogo moi axustado. 

"Tivemos o 0-3 e na seguinte xogada marcáronnos o 1-2", laiábase un Iago Aspas que repetiu como goleador europeo. O capitán e mito do Celta festexaba o bo partido que disputaron en Salónica onde foron capaces de silenciar un campo tan quente como o do PAOK. 

"Só hai un gol de diferenza, pero xogando coma na ida pasaremos á seguinte rolda", era a explicación dun Ionut Radu, que non conseguiu manter a porta a cero.

O canteirán Miguel Román completou un partido brillante no que asistiu a Aspas no primeiro gol cun gran toque co calcaño: "É un triunfo moi valioso, estivemos perfectos e afrontamos a volta con ilusión. Imos cunha lixeira vantaxe pero tentaremos volver gañar en Balaídos", asegurou no micrófono da Televisión de Galicia unha vez rematado o partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade