Publicador de contidos

Publicador de contidos

O verán, tempo de concentracións moteiras

O verán, tempo de concentracións moteiras

A liberdade e a confraternidade son os aspectos que máis enganchan destas "quedadas"

G24.gal 31/07/2026 21:40 Última actualización 01/08/2026 11:10

As motos e as concentracións moteiras proliferan no verán. Esta fin de semana Ordas do Sur con base en Vigo organizou unha concentración moteira no concello do Covelo.

Alí gozaron dos seus vehículos, da liberdade que din sentir e desa irmandade que caracteriza a este mundo.

Ser moteiro é un xeito de concibir o mundo, e nunha é tarde para adherirse a esta filosofía. Foi o caso de Miguel Ángel: ata os corenta anos a moto só era o seu medio de transporte, para ir aos recados e ao traballo; cos fillos criados empezou a pensar nela como fonte de lecer. Axiña enganchou á súa compañeira sentimental: Ana.

Todos gozaron dunha fin de semana de concentración no concello do Covelo. Agora o próximo reto será preparar a quedada de Vigo, de ámbito español e que terá lugar a finais de setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade