Publicador de contidos

Publicador de contidos

O verán é tempo de libros?

O verán é tempo de libros?

Chegan as vacacións e con elas as ganas por acurtar esa lista de libros por ler que imos acumulando tamén do inverno

Vigo acolle ata o día 7 a feira do libro, con numerosas actividades e descontos

Celébrase o Día do Libro Electrónico,
G24.gal 04/07/2025 20:33 Última actualización 04/07/2025 21:04

Poder ler un libro na praia, no xardín ou na sombra dunha árbore no parque é deses praceres que nos regala o verán á lectura ao aire libre.

Coas vacacións chega o momento de aproveitar ese tempo extra e poñernos ao día coa lista de libros por ler, pero aproveitámolo ou lemos máis no inverno ao pasar máis tempo na casa? María Iglesias, da Librería Librouro de Vigo, explica: "Lemos máis no verán, a xente vén escoller moreas de novelas para as vacacións".

Este venres celébrase o Día do Libro Electrónico, e malia que os dous conviven, o papel gaña por goleada estes días en Vigo, que acolle a Feira do Libro. Ata o día 7 a experiencia nesta feira de Vigo complétase con sinaturas de libros, cun desconto do 10 %, coloquios, teatro ou contacontos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos