Publicador de contidos

Publicador de contidos

O trapeiro Kaydy Cain volveu desatar a ira en Santiago polas súas polémicas letras

O trapeiro Kaydy Cain volveu desatar a ira en Santiago polas súas polémicas letras

A policía tivo que intervir onte polas protestas no concerto de Santiago

Kaydy Cain actúa hoxe en Mos, no medio da polémica
 

Kaydy Cain actúa esta noite nunha discoteca de Mos
G24.gal 11/02/2022 14:36

Na discoteca Queen xa está todo listo para recibir esta noite o cantante de trap Kaydy Cain, no medio da forte polémica polo perfil machista e misóxino das súas letras.

 "Nós non entramos nesa polémica. Nós simplemente somos unha empresa privada, traemos o que nos reclama o público polas enquisas que realizamos en Instagram e os artistas que veñen é simplemente porque os reclama o público", conta Jorge Alonso, encargado da discoteca Queen de Mos.

Este xoves actuou en Santiago e foi necesaria a intervención policial polas protestas ás portas da sala Capitol. Os concellos de Mos e Santiago rexeitaron estas actuacións que, pola contra, están tendo moi boa acollida entre a mocidade.

 "É dos meus cantantes favoritos dende hai moitos anos, é a primeira vez que vou velo e que veña a Galicia é incrible", apunta Silvia Rodríguez, que mercou a súa entrada para o concerto de Mos.

 "Non era un concerto para vender tantas entradas, agora a demanda que houbo foi moi grande", informa Jorge.


Colectivos feministas levan anos denunciando que as letras deste trapeiro denigran as mulleres e incitan á violencia. Con todo Kaydy Cain ten éxito, tamén entre as mozas.

 "Das entradas que hai vendidas que hai agora mesmo, creo que son sobre mil seiscentas e pico, o 78 % son entradas de mulleres", continúa o encargado.

 "A min gústame moito o artista e vou por iso só porque me gusta moito", explica a moza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade